NOVA SECCIÓN DE BANDA DESEÑADA

PODES INCLUIR OS TEUS COMENTARIOS SOBRE AS OBRAS QUE IREMOS PUBLICANDO E TAMÉN PODERÁS FACER RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

viernes, 17 de octubre de 2014



 

'Enrugas', a tenra historia de amizade entre anciáns

Banda deseñada escrita e debuxada por Paco Roca que presenta un relato de auténtico compromiso entre amigos

    Enrugas narra a tenra historia de amizade entre dous anciáns. Nela Emilio, recén chegado á residencia, comparte cuarto con Miguel, un veterano que lle axuda a integrarse, dándolle a súa particular visión sobre as regras, as rutinas, os residentes e os espazos do seu novo domicilio.
      Na cuberta, a imaxe avanza información sobre o tema de fondo, xa que presenta a tres anciáns de aspecto amable, riseiros.
     Da cabeza dun deles escápanse e voan unhas fotografías antigas de cor sepia que simbolizan as lembranzas que se esvaécense da memoria de Emilio.     
   Desta maneira visual, abórdase, desde a primeira ollada, unha das consecuencias da enfermidade do Alzhéimer que padece o protagonista.
 

A PELÍCULA:
 http://www.arrugaslapelicula.com/es



lunes, 9 de septiembre de 2013

RECOMENDACIÓN DE LECTURA

Persépolis é unha novela gráfica en blanco e negro escrita e ilustrada  por Marjane Satrapi (Rasht, Irán, 1969).
Historia autobiográfica da iraní Marjane Satrapi, unha  rapaza que crece en pleno rexime fundamentalista islámico tendo que abandonar máis tarde o seu país.  O cómic comenza en 1979, cando Marjane ten 10 anos e dnde a súa perspectiva infantil é testigo dun cambio social e político que pon fin a máis de cincocentos anos de reinado do sha de Persia en Irán e da paso a unha república islámica.

viernes, 7 de junio de 2013

OPINAMOS SOBRE....

Unha das obras de ficción más importantes do século XX pertencente ao mundo do cómic, que trascinde xéneros pola sua calidade narrativa, que bebe de fontes literarias, alternando xéneros diversos, e incluso tomando elementos do cine. Alan Moore, autor de outras obras de renome como V de Vendetta o From Hell, xunto aos lápises de Dave Gibbons (color de John Higgins), crean unha obra perdurable no tempo que pode ser perfectamente suxeito de análise dos numerosos recursos estilísticos, os compoñentes gráficos revolucionarios que a caracterizan (recordemos que data de mediados dos años oitenta), e incluso da psicoloxía humana. "Watchmen" trata, ao fin e ao cabo, do ser humano, da súa falibilidade, da xustiza, así como un amplio abanico de temas que deberemos explorar por nós mesmos ao abordar este traballo de ficción.

"Watchmen" é una obra para deixarse llevar polo seu fío narrativo (á vez que gráfico), e ir descubrindo pouco a pouco os recunchos do complexo argumento, nunha serie de capítulos (a obra estaba orixinalmente dividida en doce números) que van achegándose pouco a pouco ata a inesperada e inusitada, á vez que orixinal, conclusión. "Watchmen" é una novela gráfica que toca varios flancos, entre eles o xénero negro, a acción, a ciencia-ficción o a novela de aventuras. Pero uno dos más evidentes é o achegamento hacia o cómic de superhéroes, a súa normalización, rebaixándoos ata o grado que vemos na obra, ofrecendo unha mirada distinta ao concepto que tiñamos deles...